CRTVG

Buscar

A neerlandesa Van Vleuten gaña a terceira xornada e ponse líder da Vuelta feminina

Publicado o 04/09/2021 14:33

A través da nosa segunda canle puideron seguir a terceira xornada da Vuelta by Challenge. Etapa de 108 quilómetros con final no Pereiro de Aguiar en que se impuxo Annemiek Van Vleuten.

A corredora do Movistar entrou soa na meta logo dunha longuísima fuxida.

Entrou con 2 minutos 48 segundos de vantaxe sobre o pelotón e colócase de líder da proba a falta da derradeira etapa de mañá entre As Pontes e Santiago que veremos, coma sempre, a partir das 13.00 na G2.

Noticias web

04/09/2021