CRTVG

Buscar

A néboa obriga a pecha unha vez máis un treito da A-8 do Alto do Fiouco

Publicado o 21/07/2019 14:09

Por seguridade pechouse esta mañá o treito da A-8 que discorre polo Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín. A mesta néboa impide a visibilidade na zona e isto xa está sendo habitual na primavera e no verán, as temporadas en que se rexistran máis néboas no lugar.

Apenas se ve nada, co cal estimamos que se repiten as condicións metereolóxicas que causaron o accidente múltiple do 26 de xullo de hai cinco anos, no que houbera 50 coches implicados, corenta feridos e unha falecida, unha traballadora do 061 que morreu cando asistía a os feridos.

Un accidente terrible que ocorreu tan só cinco meses despois de que se inaugurase este tramo da A-8, o último que quedaba por facer en Galicia, o que descorre polo alto do fiouco, entre mondoñedo e abadín.

Precisamente a pouca distnacia da entrada da autovía, que hoxe está pechada, nesta cafetería coméntanos que todo isto xa era visto.

O esfrozo da sinalización luminosa non evita que sexa imposible coducir polo Fiouco días coma hoxe, en pleno verán, cando, preciamente as altas presións fan que sopre o vento do noreste despois de cargaese de humidade no Cantábricoi, unha humidade que se converte en brétema ao chocar contra as montañas que hia na zona.

O mesmo ca esta familia catalana, os que descoñecen a zona baixan desconcertados dos seus vehículos cando lles vetan a continuidade por un tramo da auotvía no que, no momento da súa construción, se invertiron 200 millóns de euros.

Noticias web

21/07/2019