CRTVG

Buscar

A néboa no sur evitou a afluencia masiva de xente aos areais

Publicado o 30/05/2020 21:14

A néboa impediu gozar dos areais do sur, nas Rías baixas, na que estaba chamada a ser a primeira fin de semana de praia e sol en pleno desconfinamento. Poucos traxes de baño e moita roupa de deporte en Praia América, en Patos, en Canido, e tamén no Vao, onde máis que familias ao sol vimos adolescentes en grupos. Estas imaxes pertencen a Samil, hai un par de horas. Non foi necesario o control policial nos accesos nin na area.

Algúns pregúntanse que pasará cando comece a apertar o sol e esta praia urbana comece a dividirse por cuadrículas.

Samil parcelará a súa area en cadros de oito metros para cada familia.

Noticias web

30/05/2020