CRTVG

Buscar

A navieira Ritz Carlton faise co control do 75% de Barreras

Publicado o 23/11/2019 09:39

Principio de acordo para salvar Barreras. A navieira americana Ritz Carlton chegou a un acordo cos propietarios do 75 por cento de Barreras para facerse co control do estaleiro vigués.
O accionista maioritario, PMI, filial da petroleira Pemex, co 51 por cento do capital, e o grupo Albacora, propietaria do 24'5 por cento, aceptaron ceder os seus dereitos a Ritz Carlton,quen trasladou a súa disposición a aportar entre 50 e 60 millóns de euros para cubrir o sobrecusto do cruceiro de luxo que se constrúe na grada de Beiramar e 17 millóns máis para estabilizar o patrimonio de Barreras. Non se descarta que nesta operación participen empresas auxiliares acredoras, agrupadas na sociedade Uninaval. Negóciase tamén a entrada de novos socios, entre os que estarían a propia Xunta e o fondo americano Sandton.
 

Noticias web

23/11/2019