CRTVG

Buscar

A nave Soyuz aterra de emerxencia con dous tripulantes a bordo

Publicado o 11/10/2018 21:44

Aterraxe de emerxencia da nave Soyuz con destino á Estación Espacial Internacional e con dous tripulantes a bordo.
Un erro nos foguetes propulsores tras o lanzamento desencadenou a manobra de urxencia. A NASA confirmou que os dous astronautas atópanse en boas condicións tras regresar á superficie nun lugar de Kazajistán, afastado da base de lanzamento en Baikonur. O despegue da nave espacial fora exitoso e estaba previsto que a misión acadara a Estación Espacial Internacional en só seis horas, antes deste fallo técnico.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018