CRTVG

Buscar

A nave incendiada en Vilalba almacenaba xamóns valorados en medio millón de euros

Publicado o 24/05/2021 11:45

Unha primeira estimación eleva a contía das perdas a máis de medio millon de euros na fábrica de xamóns de Vilalba. Iso só o produto, xa que había milleiros de xamóns almacenados no interior. A isto hai que sumarlle os danos da propia instalación, da maquinaria e os días que a fábrica pasa parada, xa que de momento non se sabe cando retomarán a actividade.

O que aínda non se realizou foi nha avalación dos danos na estrutura da nave, o edificio segue en pé, pero moi danado, e preocupa a estabilidade dalgúns elementos da fachada.

Dos mil metros cadrados que ten a nave, o incendio afectou a metade. Ata seis dotacións de bombeiros participaron nos labores de extinción. De momento descoñécense as causas, pero puido ser por un curtocircuíto. O incendio iniciouse no afumadoiro.

Noticias web

24/05/2021