CRTVG

Buscar

A NASA informa de que un asteroide se achegará á Terra en setembro do 2182

Publicado o 20/08/2021 21:30
A NASA informa de que un asteroide se achegará á Terra en setembro do 2182

Unha das principais actividades da Nasa é monitorizar a órbita dos asteroides que poidan colidir na terra. A sonda Osiris.rex acaba de recadar información importante sobre o Bennu.

Este asteroide é unha das nosas principais ameazas, pero as posibilidades de que colide coa terra en 2182, son de 0,057 por cento, é dicir 1 entre 1.750. Para facer esta predición a sonda da Nasa estivo ao carón de Bennu dous anos, recolleu mostras da súa composición, que chegarán de volta a terra dentro de dous anos.

Noticias web

20/08/2021