CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A Nao Victoria pode ser visitada xa en Sanxenxo

Publicado o 28/09/2017 14:34

Era o soño de centos de mariñeiros, os de cinco naves do século XVI: facer a primeira volta ao mundo, navegando, da historia. Os 18 tripulantes que conseguiron volver a porto, saídos de Sevilla, conseguiron esa vitoria, no Nao Victoria. Na súa réplica, poden embarcar agora ata 80 persoas á vez, ata o domingo, en Sanxenxo, todo un tesouro.

"O tesouro... Foi o que máis me gustou do barco", di un neno logo de visitar a réplica da Nao Victoria.

"O tesouro é poder visitar un barco como os máis antigos, de madeira, coas artes de antes, con tanta historia... E poder velo sen saír de Galicia", di unha nai que acaba de visitar o Nao Victoria.

"A verdade é que impresiona o pequeno que é, como nel puideron os mariñeiros convivir e mesmo chegar a dar a volta ao mundo", di un pai que acaba de visitar a réplica da Nao Victoria.

"A min o que máis me gustou foi a adega, porque creo que aí era onde ían os piratas para quedar bébedos", di un neno que acaba de visitar a réplica da Nao Victoria.

Sobrios e acolledores, uns dez tripulantes navegan nesta embarcación do século XX, réplica da orixinaria do século XVI.

"É todo real, como o do século XVI, apeiros, estrutura... E ata métodos de navegación. Á xente sorpréndelle que o tripulemos e orientemos con este pao enorme de madeira e non coa roda, pois ese sistema non o houbo ata o século XVIII. Aquí todo é coma do século XVI", explica José Antonio Tapia, voluntario, tripulante da nao Victoria, da réplica.

"Esta embarcación, construíuse para a Expo de Sevilla. Pero logo en 2003 preparouse unha tripulación para poder dar a volta ao mundo. Demos a volta ao mundo nesta réplica da Nao Victoria en 2004, de 2004 a 2006, facendo máis de 26.000 millas e recalando en 17 países de todo o mundo. Cada ano agora temos unha visión. Somos un barco museo flotante. O que máis nos gusta é recibir visitas", di Sole Gea, responsable de loxística da Nao Victoria, da réplica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí