CRTVG

Buscar

A nai que secuestrou a súa filla podería ingresar en prisión nas próximas horas

Publicado o 12/05/2019 18:27

A muller de 44 anos que, presuntamente, secuestrou a súa filla para afastala do pai podería ingresar en prisión o luns. A policía deu co paradoiro da pequena onte nunha casa en La Cabrera, en Madrid, a unha hora da vivenda do proxenitor. A menor está co pai, que a non vía desde hai case dous anos. A nai segue detida.   

Nesta casa de dúas plantas, ao norte de Madrid, a unidade da policía xudicial detivo a Patricia, de 44 anos, en excedencia dunha praza de profesora en Madrid. Entre a súa antiga casa no barrio Prosperidad en Madrid e o lugar onde supostamente agochou a pequena estes case dous anos só hai 57 quilómetros, 42 minutos en coche. Moitos veciños dormen en La Cabrera pero traballan na cidade.

O lugar prestábase para pasaren desapercibidas, pero, segundo consta no sumario da investigación, a muller, que desescolarizou a filla en 2017, era precavida e usaba móbiles prepago para que non desen con ela. O xulgado da praza de Castilla fixo unha petición de localización da menor e a Comunidade de Madrid elaborou un informe do seu absentismo escolar. O matrimonio estaba divorciado. Ela tiña a custodia da pequena, pero existía un réxime xudicial de visitas para el que ela incumpriu constantemente.

Desde 2014 ata hoxe el denunciouna ata en 150 ocasións. Nesta foto vemos a Patricia no medio das compañeiras da Asociación Infancia Libre. A muller, loura, a segunda pola dereita, tamén foi detida hai meses por secuestrar o fillo de dez anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019