CRTVG

Buscar

A nai e a irmá de Diana Quer enceréllanse tras a detención de Juan Carlos Quer

Publicado o 09/10/2019 15:22

Diana López-Pinel e Valeria Quer, nai e irmá de Diana Quer, encerelláronse este mércores ante as portas dun xulgado de Majadahonda (Madrid) para acusar a primeira e defender a segunda a Juan Carlos Quer, detido pola Garda Civil ao ser denunciado pola súa ex-muller por lesións e intento de atropelo.

Os momentos de tensión vivíronse ante numerosos medios de comunicación, cando López-Pinel manifestaba aos xornalistas que o seu ex-marido conseguiu a custodia da súa filla Valeria dez días despois da desaparición da súa irmá maior Diana.

"Está a seguir coa mesma dinámica e estratexia de manipular a miña filla, fixádevos en que condicións está. Eu o único que quero é que a miña filla estea a salvo e non o está. Este señor vai ter que cumprir co que fixo", continuou.

Foi entón cando Valeria, acompañada do seu noivo, achegouse gritando, chamoulle a súa nai "mentireira" en reiteradas ocasións e dixo que o seu pai "xamais" a tentou atropelar nin pegar.

"Papá non é agresivo", clamou mentres o noivo e varios axentes da Garda Civil tentaban afastala da nai.

"Se che pegou ata a ti e teño unha denuncia (...) Este señor é un agresivo e un maltratador", respondeulle a súa nai.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019