CRTVG

Buscar

A nai dun menor desaparecido en Ourense pide axuda para axudar a atopar o seu fillo

Publicado o 06/08/2018 13:51

A nai dun menor desaparecido en Ourense pide axuda para atopar o seu fillo de 16 anos que falta da casa dende o 27 de xullo pasado. Chámase Mark pero no seu DNI figura como Elisabeth Belmonte Villamarín, mide 1,70, ollos marróns e ten pelo castaño e lévao rapado cunha coleta. A nai di que está desesperada, estaba a pasar uns días coa avoa paterna e o roubo dunha xoias pode ser a causa da súa desaparición. Asegura que está moi preocupada porque ultimamente se rodeou di, de malas compañías. 

A nai de Mark, Elisatbeth Belmonte Villamarín, de 16 anos, está moi preocupada, o seu fillo falta da casa dende hai dez días e pide axuda. 

Estaba a pasar uns días coa súa avoa paterna na súa casa na zona do Posío en Ourense. O roubo dunhas xoias puido ser a orixe da súa marcha voluntaria, pero pasan os días e ao non recibir noticias a nai pensa que pode estar retido. 

A nai recibiu unha mensaxe súa ao día seguinte dicíndolle que estaba ben e que lles falaría, pero non tivo máis contacto, di que non viu a mensaxe que ela lle mandou e que leva seis días co móbil apagado. Pídelle que volva. 

A Garda Civil ten en marcha un dispositivo de busca, e por agora non hai pistas. Buscan tamén outro home veciño de Nogueira de Ramuín que ao parecer tamén marchou pola súa vontade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2018