CRTVG

Buscar

A nai do neno morto en Azpeitia puido sufrir un caso de alleamento mental

Publicado o 26/07/2019 12:59

A investigación da Ertzaintza sobre a morte do neno de 4 anos afogado nun casarío da localidade guipuscoana de Azpeitia apunta a un acto homicida da nai, que puido sufrir un episodio de alleamento mental.

A muller, de 38 anos, autoinflixiuse numerosos cortes nos pulsos e no pescozo, dos que foi intervida cirurxicamente no hospital de San Sebastián, onde permanece ingresada.

Foi a súa nai e avoa do pequeno a que atopou o cadáver do menor na bañeira e a súa filla ferida agochada nun rocho da casa.

Ao parecer, a muller estaba a tratamento psiquiátrico e acababa de reincorporarse ao traballo despois dunha baixa.

Noticias web

26/07/2019