CRTVG

Buscar

A nai do neno Gabriel pide que o seu acosador leve unha pulseira de control ao saír de prisión

Publicado o 24/12/2019 09:20

Patricia Ramírez, nai do neno Gabriel Cruz, asasinado en febreiro do ano pasado en Níjar, solicitou que o home que a acosou leve unha pulseira de control ao saír do cárcere. O home ten concedida, a partir de hoxe, un permiso penitenciario de tres días.

Nun comunicado, Patricia Ramírez di que non soubo ata esta fin de semana da saída inminente do home condenado por acosala e recoñeceu sentir medo a súa posible reacción cando salga á rúa.

Por elo pide que se active a pulseira telemática que o acosador xa levou posta durante catro meses antes de entrar no cárcere.

 

Noticias web

24/12/2019