CRTVG

Buscar

A nai do menor desaparecido hai 12 días en Ourense segue sen noticias do seu fillo

Publicado o 08/08/2018 14:11

Sen noticias do menor de 16 anos desaparecido en Ourense hai hoxe 12 días. A súa nai di que está desesperada porque malia o chamamento que lle está a facer nos medios e nas redes sociais segue sen dar sinais. Dende a mensaxe que lle mandou ao día seguinte non volveron saber nada del. Pensa que as persoas coas que está e que segundo di, son amizades recentes, o están a manipular. Dende a Policía Nacional din que teñen todos os medios postos na súa busca.

Mark non volveu á súa casa dende o pasado 27 de xullo. Estaba pasando uns días coa súa avoa paterna en Ourense e desapareceu. O único sinal que deu foi unha mensaxe que lle mandou á súa nai ao día seguinte. A preocupación vai medrando e ela non para de estar pendente do teléfono agardando algunha noticia. 

Asegura que está sen documentación onde, Mark, figura como Elisabeth Belmonte Villamarín. Di que o roubo dunhas xoias na casa da avoa pode estar detrás da súa marcha. Pero teme que as novas amizades das que di se rodeou o estean ocultando e manipulando. 

María Jesús di que só quere que o seu fillo volva á casa, e pide axuda para atopalo. Mide 1,70,  ollos marróns, ten o pelo castaño, marróns e lévao rapado por debaixo cunha coleta ou solto. 

Dende a Policía Nacional á fronte da investigación din que están a traballar con todos os medios para dar co seu paradoiro. A Garda Civil  segue colaborando tamén na súa busca. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2018