CRTVG

Buscar

A nai do bebé asasinado en Sevilla di que ignoraba os golpes que recibiu o pequeno

Publicado o 27/05/2019 14:39

Na Audiencia Provincial de Sevilla comezou o xuízo contra unha muller e a súa parella acusados de asasinar o seu bebé de 18 meses. O fiscal solicita para eles 28 anos e 7 meses de prisión.

Os feitos que agora se xulgan ocorreron en abril de 2016 no domicilio que a parella compartía en Sevilla, onde o bebé, segundo o escrito da acusación, recibiu malos tratos e agresións.

O neno, que tiña 18 meses, ingresou xa cadáver nun hospital da capital andaluza.
Durante a súa declaración, a nai do pequeno dixo que non se decatou de nada e que pensou que o neno durmía, ata que descubriu que estaba morto.

O fiscal solicita para ela e a súa parella unha pena de 28 anos e 7 meses de cárcere e que indemnicen o irmán da vítima con algo máis de cen mil euros.

Durante a vista, declararán varias testemuñas e peritos, ademais dos dous acusados que levan tres anos en prisión provisoria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019