CRTVG

Buscar

A nai de Olivia e Anna conta nunha carta a dor que sente por non salvarlles a vida

Publicado o 13/06/2021 21:08

Beatriz Zimmerman, a nai das nenas asasinadas en Tenerife supostamente a mans do pai, acaba de publicar unha carta de agradecemento a todos os que a acompañaron desde o día da desaparición das menores.

Na misiva di que grazas ás súas fillas coñecemos o significado da violencia vicaria e desexa que as leis de proteción dos menores se endurezan.

Na parte máis dolorosa, reflexióna cómo lle doe na alma non poder salvarlles a vida, porque, di, os nenos son responsabilidade nosa. Engade que non puido rescatalas de Tomás, do pai, porque el quería vela sufrir e por iso as buscou sen descanso de por vida. Di literalmente: "Esa foi a razón pola que me deixou a min con vida. E por non quedar el como o maior asasino da historia".

E asina: "Beatriz, a mamá de Olivia e Anna".

Noticias web

13/06/2021