CRTVG

Buscar

A nai de Heidi acusa ao Rei do Cachopo de maltratar a vítima e recoñece a maleta na que apareceu o torso da súa filla

Publicado o 13/05/2021 08:48

A nai de Heidi acusa a César Román, coñecido como o Rei do Cachopo, de maltratar a súa filla.  "Souben desde o meu corazón que este home estaba a facerlle dano,  e ela non mo quixo dicir, asegura Gloria Bulnes, nai da vítima. 

Tamén di recoñecer a maleta na que apareceu o torso que supostamente pertence á vítima: "esa maleta é de César Román. Eu axudeille a facer a mudanza cando viñeron para a miña casa".

E nega a versión do acusado, di que a súa filla nunca tivo relación con grupos de narcotraficantes.  "O que afirma unha cousa está obrigado a demostralo, terá que aportar algunha proba", explica Ramón Fernández, avogado da familia da vítima.

A defensa do acusado mantén que a Heidi está viva. "O corpo segue aí, non sabemos de quen é, sigo defendendo esa hipótese" asegura Ana Isabel Peña, avogada de César Román.

As acusacións defenden que o procesado matou e despezou a súa parella, de 25 anos e orixe hondureña, en agosto de 2018. Despois teríase trasladado a Zaragoza onde foi atopado traballando nun restaurante con identidade falsa. A Fiscalía pide 15 anos e cinco meses de prisión para Cesar Román por homicidio e profanación de cadáver, coas agravantes de parentesco e xénero.

Noticias web

13/05/2021