CRTVG

Buscar

A nai de Diana preséntase como acusación particular e o pai pide condena exemplar

Publicado o 02/01/2018 21:31

Outro foco de interese está en Pozuelo de Alarcón, na casa familiar. Desde alí seguen a evolución da investigación a nai de Diana e a súa irmá, Valeria Quer. O pai, que viaxou a Galicia, fixo público hoxe un comunicado, pero elas, non fixeron ningún tipo de declaración.

O comunicado de Juan Carlos Quer agradece o traballo da Garda Civil. Evita citar o nome do detido polo asasinato da súa filla Diana. Desexa que o proceso xudicial conclúa cunha condena exemplar e que sirva para evitar que o culpable poida volver cometer crimes horribles contra outras mulleres.

Reclama que se respecte a intimidade da familia nestes momentos e ten unha lembranza para os españois que ainda  teñen un ser querido desaparecido. Comparto a súa dor e deséxolles o mellor, conclúe.

A irmá da vítima, Valeria Quer escribe nas redes sociais sobre a dura situación que están vivindo. Ela e a súa nai seguen recluídas na vivenda familiar en Madrid. 

A nai da vítima, Diana López Pinel, anunciou a través do seu avogado que se vai presentar como acusación particular na causa xudicial que investiga a desaparición e morte da filla. O letrado recoñece que o resultado do informe forense será determinante para decidir de que delitos acusan o investigado polo crime. Tamén agradeceu o traballo dos investigadores

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2018