CRTVG

Buscar

A nai de Diana Quer e os pais do Chicle coinciden nos xulgados de Padrón

Publicado o 04/11/2019 16:19

Diana López-Pinel, a nai de Diana Quer, acudiu esta mañá ao xulgado de Instrución número 1 de Padrón despois de presentar durante a fin de semana unha denuncia por un presunto delito de violencia contra a muller, sen que transcenderan máis detalles. A xuíza tomoulle declaración e decidiu inhibirse en favor dos xulgados de Madrid, xa que é alí onde aconteceron a maior parte dos feitos denunciados. O mes pasado Diana López denunciou o seu ex-marido, Juan Carlos Quer, por un presunto delito de lesións e intento de atropelo. El quedou en liberdade tras prestar declaración e denunciouna á sua vez por inxurias e calumnias.

A casualidade quixo que hoxe tamén en Padrón, pero no xulgado número dous, estiveran os pais do Chicle, o único acusado do asasinato da súa filla. Estaban citados a declarar polo réxime de visitas á súa neta menor de idade.

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019