CRTVG

Buscar

A nai de Abuín di na TVG que está convencida de que o asasino de Diana foi o seu fillo

Publicado o 02/01/2018 20:35

A Televisión de Galicia falou esta tarde coa nai de Enrique Abuín.

A nai e a irmá do acusado están rotas pola dor pero din que queren saber todo ocorrido. Non exculpan a Abuín en ningún momento. Teñen claro que é culpable e que non hai desculpa posible para cometer un crime así.

Por outra banda, o xulgado de instrución de Ribeira reabriu o caso, arquivado hai nove meses. O 19 de abril de 2017, o titular do xulgado número 1 decidiu pechar, provisonalmente, a vía xudicial porque non había indicios do que lle puidera pasar á moza madrileña e tampouco podía dirixir a investigación contra unha persoa concreta, pero a Garda Civil continuou coas pescudas.

Agora, a detención de José Enrique Abuín, alcumado 'O Chicle', e a localización do cadáver de Diana levou o maxistrado a reabrir a instrución do sumario. E coa apertura, 'O Chicle', que permanece no módulo de ingresos do cárcere de Teixeiro, sen contacto con outros reclusos, terá que volver a estes xulgados para ser interrogado de novo. Nos interrogatorios da Garda Civil, o acusado negou en todo momento que matase a Diana. Pero cando a súa muller lle botou abaixo a coartada, 'O Chicle' levou os axentes ata o lugar onde botara o corpo de Diana.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2018