CRTVG

Buscar

A nai das nenas desaparecidas en Tenerife di que se mantén optimista

Publicado o 10/06/2021 13:50

Optimista, forte e esperanzada, así di sentirse Beatriz, a nai das nenas desaparecidas en Tenerife, na primeira mensaxe de voz que comparte.

"Que estou derrumbada, pero non é asi. Despois de atopar eses obxectos sigo estando positiva, cada día que pasa vexo que todo ten máis sentido de que é unha fuga", Beatriz Zimmerman, nai de Anna e Olivia. 

Refírese á bombona de osíxeno e á funda de edredón que o buque galego Ángeles Alvariño atopou no fondo do mar e que os investigadores xa comprobaron que pertencen ao pai das pequenas, Tomás Gimeno. Para Beatriz o achado é un bo sinal. "Se houbese algo máis estaría no mesmo sitio e se non hai nada máis, eu véxoo moi positivo", Beatriz Zimmerman, nai de Anna e Olivia.

Beatriz agradece todo o apoio e confía en que pronto se reencontrará coas súas fillas. "Xa queda pouco para que alguén as recoñeza, nos chamen e nos digan que as nenas están de camiño, que están ben, quero agredecerlle a todo o mundo o empeño e o amor que poñen", Beatriz Zimmerman, na de Anna e Olivia.

Mentres segue a busca de novas pistas, os investigadores analizan os obxectos localizados e tratan de reconstruír a desaparición das dúas irmás e do pai.

Noticias web

10/06/2021