CRTVG

Buscar

A nai da nena que apareceu morta en Muimenta reclama, dende prisión, pagamentos da pensión

Publicado o 09/12/2019 14:33

Novidades no caso da nena que apareceu morta na súa vivenda de Muimenta, en Cospeito. Agora a nai e única investigada como presunta autora da morte por asfixia de Desirée Leal reclámalle dende a prisión ao pai uns pagamentos atrasados da pensión da nena. O home recibiu un burofax coa reclamación, aínda que nel non se especificaba unha cantidade concreta.

El di que sempre cumpriu coa súa obriga, agás tres meses en que pasou por dificultades e que foi un tema que xa acordaran entre ambos os dous.

A nai da nena falecida permanece no cárcere de Teixeiro e enfróntase a un presunto delito de homicidio ou asasinato. A instrución do caso continúa aberta nos xulgados de Vilalba.

Noticias web

09/12/2019