CRTVG

Buscar

A nai da nena morta en Logroño ingresa en prisión, tras comparecer no xulgado

Publicado o 31/01/2020 20:57

A muller, de 35 anos, compareceu onte no xulgado, do que saíu cara ao cárcere como presunta autora dun delito de homicidio. A súa filla, de cinco anos, aparecera morta nun hotel de Logroño. Non transcendeu se a detida declarou ante o xuíz ou se se negou a facelo, como fixo ante a policía. A irmá da muller di que ela estaba triste, pero non en tratamento psiquiátrico. A familia está conmocionada.

Os feitos aconteceron o pasado luns nun hotel de Logroño ao que a policía acudiu logo de que un veciño alertase de que unha muller tentaba tirarse pola fiestra. Na habitación atoparon o cadáver da súa filla de 5 anos. No hotel tamén estaba rexistrada a nai da detida, que aparecía dous días despois morta no río Ebro. A policía atopou varias cartas de despedida na casa da nai da nena.
 

Noticias web

31/01/2020