CRTVG

Buscar

A nai de Gabriel: "Conseguimos xustiza para Gabriel"

Publicado o 19/09/2019 21:46

O avogado da familia de Gabriel Cruz cre que se fixo xustiza. O de Ana Julia Quezada cre que o veredicto era previsible, pero anuncia un recurso contra algunhas cuestións coas que non están de acordo.

Os pais de Gabriel Cruz tamén consideran que se fixo xustiza e están satisfeitos. A nai da vítima, Patricia Ramírez, agradeceulle ao xurado o veredicto. Tamén o pai, quen se felicitou porque Ana Julia Quezada, a quen cualificou de psicópata, non volva ser un perigo para ningún neno. Nos exteriores da Audiencia recibiron numerosas mostras de apoio de familiares e veciños que, moi emocionados, os felicitaron polo veredicto do xurado popular.  

 

Noticias web

19/09/2019