CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A música tradicional galega forma parte da diversidade cultural da Arxentina

Publicado o 08/11/2015 14:57

A diversidade cultural de Bos Aires queda patente na música que escoitan os arxentinos. Un espazo no que os ritmos con raíces galegas tamén son protagonistas grazas a agrupacións como Sete Netos ou Achaiva da Ponte.

Bos Aires é a capital mundial do ritmo do 2x4, un lugar no que Carlos Gardel segue a ser un mito e símbolo cultural e onde podemos ver bailaríns e bandoneonistas en cada recuncho da cidade. Pese a iso, non todo é tango na Arxentina. A misturanza cultural existente en Bos Aires fai posible que convivan gran variedade de ritmos musicais. Ós sons latinos súmanse as gaitas, pandeiretas e tambores da música tradicional galega. Achaiva da Ponte é unha boa mostra disto. Fan música galega e doutros barrios celtas e aseguran que en Bos Aires, a esencia galega non decae. Marcelo Abalos - Integrante de Achaiva da Ponte: "Es un movimiento en crecimiento por la cantidad de gaiteros y percusionistas que se están formando". Non son os únicos, Sete Netos levan máis de dúas décadas cativando ós latinoamericanos. Naceron dun grupo de gaitas tradicional e pouco a pouco, bebendo doutros grandes como Milladoiro ou Berrogüetto, convertéronse nun grupo folk con matices innovadores. Juan Martín Rodríguez - Integrante de 7 netos: "Cantamos todos, casi naturalmente, la esencia de nuestros abuelos y la transmitimos en la música que llevamos haciendo todos desde muy pequeños". Para eles, a evolución da música galega é impresionante, polo que en cada visita a Galicia tentan actualizarse para manter a alma do grupo. Juan Martín Rodríguez - Integrante de 7 netos: "Hay mucha riqueza en la música gallega y lo que nosotros hacemos es traducirla para que cualquiera pueda escucharla" Ambas agrupacións desvívense por achegar unha muiñeira, xota ou peza galega a quenes nunca escoitaron unha.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí