CRTVG

Buscar

A Revista

A música galega gaña cada vez máis espazo nos circuítos artísticos de Bos Aires

Publicado o 20/03/2017 12:46

Escoitar música galega de raíz celta en pleno corazón da Arxentina é toda unha realidade. E todo, por un gaiteiro arxentino de orixe galega: Santi Molina. Os seus pais son de Ribadeo. Grazas a el, a nosa música está de moda na diáspora.


A música de raíz galega gaña cada vez máis espazo nos circuitos artísticos alternativos de Bos Aires.
Unha tarefa á que axudan gaiteiros coma Santi Molina e a súa BRI Celtic Folk, que cada semana enchen locais coma este.

Sorprenden con sons celtas instrumentais nos que misturan á perfección a música galega, coa irlandesa, a escocesa,e incluso a asturiana.

Santi Molina, gaiteiro galego-arxentino: "O que facemos é un show completamente acústico que ten unhas características moi particulares. Non se amplifica absolutamente nada, o que fai que sexa algo súper auténtico, moi orixinal e que non acontede noutros lados. Non é vir sentarse a ver un espectáculo, é vir sentarse con amigos a pasalo ben e de paso escoitar música na súa versión máis auténtica".

Con só 30 anos, para este descendente de ribadenses, toda a súa vida xira entorno a melodías galegas, e xunto ós seus compañeiros Víctor Naranjo e Nicolás Pérez conforman BRI Celtic Folk, a banda que os uniu para loitar con forza por manter e transmitir a súa herdanza musical.
Ritmos que ademáis calan profundo nos arxentinos.

Santi Molina, gaiteiro galego-arxentino
"A verdade é que á xente o que é a música galega, a música folclórica de raíz encántalles. Gústanlle moito as gaitas, todos se sinten identificados con esta música porque básicamente é unha música auténtica e autóctona".

Nicolás Pérez, integrante de BRI Celtic Folk
"A música irlandesa, a escocesa por ahí son as máis coñecidas, as máis famosas, pero a parte galega é a que máis chama a atención".

En só dous anos xa teñen un disco nas rúas e unha xira que os fixo percorrer parte do continente.

Santi Molina, gaiteiro galego-arxentino
"Temos bastante relación coa Embaixada de Irlanda na Arxentina e estivemos de xira o ano pasado en Paraguai, tamén estivemos en Chile nun festival celta que se organiza en Punta Arenas no que tamén estivo Dani Bellón".

Este ano repetirán a andaina suramericana e sumarán Costa Rica, onde completan o cartel do Festival Internacional Músicas do Mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

20/03/2017