CRTVG

Buscar

A muralla de Lugo contará cun novo ascensor

Publicado o 24/06/2020 21:30

No emblemático barrio lugués da Tinería arranca o proxecto de rehabilitación da casa torre. Trátase dun edificio singular que albergara unha oficina de turismo e a sede da Asociación Provincial de Hostalería, un proxecto vinculado ao turismo nunha zona na que conflúen tres monumentos Patrimonio da Humanidade.

Margarita López, xefa territorial da Consellería de Vivenda en Lugo: "Vai consistir na recuperación da casa torre, o antigo hospital de San Miguel, que se vai facer cun proxecto moi respetuoso coa historia da cidade. Vaise recuperar este espazo para o goce dos cidadáns e tamén para un uso público".

A rehabilitación creará un itinerario peonil cun pasadizo pegado á cara interna da muralla e que incluirá un novo ascensor con acceso ao adarve, unhas obras de mellora ben acollidas polos veciños.

Nunha zona chea de historia coma esta prevese a aparición de restos arqueolóxicos, que serán musealizados in situ a través dun forxado de vidro.

Noticias web

24/06/2020