CRTVG

Buscar

A multinacional galega Cortizo presenta o seu plan de expansión para o PVC

Publicado o 24/06/2021 14:44

Con este novo plan, a multinacional Cortizo busca internacionalizar as vendas de PVC na mesma medida en que a empresa está xa internacionalizada no sector do aluminio. Para isto, decidiu ampliar a súa capacidade produtiva de PVC cunha nova nave en Padrón de 21.000 metros cadrados, que crearán 145 empregos directos. O investimento será de 51 millóns de euros.

A pandemia mudou en parte os plans de traballo da empresa, que, segundo os seus responsables, experimentou un crecemento considerable nos primeiros cinco meses deste ano. A empresa asegura que os investimentos anunciados hoxe son cuantiosos, pero que, case con toda seguridade, non serán os últimos.

Noticias web

24/06/2021

Máis sobre Padrón