CRTVG

Buscar

A multinacional Boeing inaugura un laboratorio de probas de voos no aeródromo lugués de Rozas

Publicado o 25/06/2020 15:17

O novo laboratorio conta cun simulador de voos de ultima xeración para que avións tripulados e non tripulados, drons, podan compartir espazo aéreo de forma segura no futuro. O laboratorio forma parte do proxecto Galician Skyway e reforza a presenza da compañía Boeing no aeródromo de Rozas, no concello lugués de Castro de Rei. Todo un referente internacional no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados.

"Traballamos en moitos lugares do mundo, pero en poucos atopamos as vantaxes que hai no CIAR. E aínda agardamos que se produzan máis avances nos vindeiros meses. Un lugar único no mundo", di Enrique Román, director xeral de Boeing Research Europe.

 

Noticias web

25/06/2020