CRTVG

Buscar

A muller oleira, protagonista na 37 edición da Mostra de Buño

Publicado o 12/08/2021 14:58

Son xa 37 anos de Mostra en Buño. E nesta edición regresan despois da parada de 2020 polo coronavirus centrando o protagonismo na muller oleira.

Elas son máis do 50 por cento na olería de Buño. Estes días pódense ver as pezas de nova creación de oleiros e oleiras de Buño nos postos de venda, pero tamén doutras zonas de Galicia.

En Buño haberá tamén obradoiros cos ceramistas traballando en directo, a ruta da olería e coloquios sobre olería. Todo para promover o traballo oleiro de cara ao público, pero tamén para incentivar xeracións futuras de ceramistas na zona.

Xa en marcha, ata o domingo, cando actuará Guadi Galego, a edición número 37 da Mostra de Olería de Buño.

Noticias web

12/08/2021