CRTVG

Buscar

A muller e a adolescencia nos trazos de Yolanda Dorda

Publicado o 25/02/2021 10:05

Estivemos no estudio coruñés da pintora Yolanda Dorda conversando e reflexionando sobre o seu presente creativo.

Contounos que a adolescencia e o retrato da muller, unha muller forte e libre seguen a ser as constantes en que se manexan os seus pinceis e dos seus retratos dixitais, compostos por pequenos fragmentos retocados de rostros ficticios cos que reflexiona sobre os cambios estéticos provocados pola busca da perfección derivados das mensaxes, as veces irreais, que se proxectan en Instagram.

Tamén nos contou as repercusións que tivo a súa colaboración pictórica coa que ilustrou os relatos da escritora Carmen Buttjer, para a publicación de Vogue Alemaña (desde 2018-2020) e que se traduciu en exposicións en Italia, Bélxica e Inglaterra.

Noticias web

25/02/2021