CRTVG

Buscar

A muller de Pablo Ibar afronta con temor a segunda parte do xuízo, que se retoma hoxe

Publicado o 07/01/2019 21:04

A repetición do proceso penal contra Pablo Ibar, o preso español que leva 16 anos no corredor da morte, retómase hoxe despois de dous meses de parada. As evidentes irregularidades do xuízo levaron o Supremo da Florida a admitir a repetición, pero a Fiscalía segue pedindo para Ibar a pena capital.

"É duro para min porque estiven visitando a Pablo durante moitos anos no corredor da morte. E durante estes últimos quince anos foron executando moitos que estaban alí", di a súa muller, Tanya.

A muller de Ibar afronta coa lóxica preocupación esta segunda fase do xuízo ao preso español, que leva 16 anos no corredor da morte. Retómase hoxe despois dunha odisea para a familia e a defensa, que centrará os seus esforzos en demostrar que o proceso estivo pragado de irregularidades.

Tanya Ibar, muller de Pablo Ibar: "Todo isto é impactante... E pensar que eu podo chegar a ser esa muller algún día e que podo verme nesa situación con Pablo. É horroroso. Non hai palabras que poidan expresar o medo que isto me fai sentir".

Ibar leva 16 anos no corredor da morte acusado de asasinar o dono dun club e dúas bailarinas. A Fiscalía segue pedindo para el a pena capital, aínda que o Supremo de Florida anulou o xuízo, entre outras cousas, por non empregar tecnoloxía de recoñecemento facial para comprobar que a súa cara era a mesma do asasino que captaron as cámaras de seguridade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019