CRTVG

Buscar

A muller agredida polo sobriño de Manuel Charlín confesa que aínda ten medo malia a súa condena

Publicado o 19/07/2019 13:56

Brutal malleira a que hai uns días recibiu unha muller na Coruña a mans da que hai anos fora a súa parella.

O agresor, que é sobriño de Manuel Charlín, acaba de ser condenado por estes feitos a dous anos de cadea. Aínda así, a vítima di que segue a ter medo.

Son só algunhas das mazaduras da brutal malleira que recibiu esta muller hai uns días na Coruña, a mans da que hai anos fora a súa parella. Non quere que a recoñezan, pero diante das nosas cámaras narrou o calvario que viviu neses momentos e que a levou a estar dous días ingresada nun hospital

O agresor, xa foi condenado a dous anos de cadea, grazas a este vídeo onde se recolle parte da malleira que lle propinou á muller. Tamén lle foi imposta unha orde de afastamento. Aínda así, a vítima recoñece que ten medo.

Ela di que se hoxe fai público o seu caso é para evitar que outras mulleres pasen polo mesmo. Di que as feridas que ten no corpo, co tempo irán curando; non así o que lle tocou vivir esa noite, pola que agora ata se propón marchar de Galicia.

Noticias web

19/07/2019