CRTVG

Buscar

A muller acusada de matar de 53 coiteladas o seu bebé en Xixón enfróntase a unha pena de prisión permanente revisable

Publicado o 10/05/2021 20:36
A muller acusada de matar de 53 coiteladas o seu bebé en Xixón enfróntase a unha pena de prisión permanente revisable

Na Audiencia Provincial de Oviedo comezou o xuízo contra unha muller acusada de matar de 53 coiteladas o seu bebé acabado de nacer. Uns feitos ocorridos en Xixón en agosto de 2019. Na primeira sesión da vista oral a procesada declarouse culpable e tamén admitiu que o facía sen presións. A rapaza, que se negou a contestar as preguntas das acusacións, enfróntase a unha pena de prisión permanente revisable.