CRTVG

Buscar

A muller acoitelada en Vimianzo continúa en estado grave pero fóra de perigo

Publicado o 18/05/2019 15:25

En Vimianzo, a muller acoitelada pola súa ex-parella está fóra de perigo e evoluciona favorablemente. Aínda que continúa ingresada en estado grave, segundo o último parte médico xa lle puideron quitar a sedación.

O presunto autor da agresión, Javier Miñones, non pasou aínda a disposición xudicial, porque segue no hospital tras intentar suicidarse. Está detido e custodiado pola policía. Tan pronto lle dean a alta terá que declarar nos xulgados de Corcubión por un caso de violencia machista. Segundo a investigación, Miñones deulle cinco coiteladas no pescozo á muller, que fora a súa parella no pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/05/2019