A muller acoitelada en Vimianzo continúa moi grave
• O suposto autor da agresión machista está ingresado no CHUAC
• Centos de persoas saíron á rúa para condenar o ataque
• Igualdade insiste en traballar para erradicar a violencia machista
Montserrat López, de 48 anos, continúa ingresada na UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago e o seu estado é moi grave. Ata alí foi trasladada en helicóptero, despois de que recibir a primeira asistencia sanitaria no mesmo lugar no que se produciu a agresión machista este mércores en Vimianzo.
No hospital compostelán foi intervida cirurxicamente, e a pesar das feridas que tiña no pescozo, os médicos que a atenderon descartan que teña lesións medulares. Pero os cortes que presenta, cinco en total, son profundos, e un deles está na xugular. Estas son horas decisivas para saber a súa evolución.