CRTVG

Buscar

A moza asasinada en Granada tiña medo do mozo

Publicado o 16/05/2018 15:05

José Miguel, o mozo de 24 anos que a semana pasada matou a súa moza nun campo de tiro de Granada, sufría crises psicóticas. A súa moza, Mar, que se converteu na última vítima da violencia machista, confesóullelo ás súas amigas pouco antes de ser asasinada.

Unha semana antes do suceso, Mar mandoulles unha mensaxe de voz ás súas amigas en que aseguraba que o seu noivo tiña brotes psicóticos, bipolaridade e ansiedade.

Noutra mensaxe, relataba angustiada o seu último encontro.

Agora todas as miradas están postas na súa licenza de armas. A familia de Mar pregúntase como puido renovala en 2017 se xa estaba diagnosticado. O problema, a falta de comunicación entre os centros de saúde e os centros de peritaxe. Ademais, de producirse unha denuncia por violencia de xénero, José Miguel non podería ter armas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018