A moza agredida en Vigo por defender un can pide xustiza
Publicado o 30/09/2021 12:59
A moza agredida en Vigo por defender un can pide xustiza. Tras a paliza que recibiu, sofre lesións no nariz e no pescozo, e precisa muletas para camiñar. Tamén asegura que ten importantes secuelas psicolóxicas. Di que o agresor ten que pagar polo que fixo.
Asegura que pensou que ía perder a vida. Só agarda que o seu agresor, que xa pasou a disposición xudicial e ten unha orde de afastamento dela, pague polo que fixo e non poida ter contacto cos animais dos que Noa é firme defensora.