CRTVG

Buscar

A movida nocturna repítese ás portas das discotecas do Ensanche compostelán

Publicado o 30/09/2021 14:29

Tres da mañá e na rúa Alfredo Brañas a festa das discotecas da zona trasládase a rúa, tal é como recollen as imaxes gravadas polo propios veciños que de mércores a sábado ven truncado o seu descanso.

A situación non é nova para os veciños do ensanche compostelán.

Daquela, como agora, atopar unha solución non foi doado, pero a presenza policial respectábase. Esta madrugada os axentes disolveron sen incidencias grupos de mozos nos arredores das discotecas situadas en Alfredo Brañas e na rúa Curros Enríquez.

Saben que a próxima madrugada non vai ser tranquila, pero agardan que non se repitan as aglomeracións do pasado xoves.

Noticias web

30/09/2021