A Mostra do Encaixe de Camariñas celebra o seu 30 aniversario
Publicado o 08/10/2021 22:03
Pasaron case dous anos e medio desde a última mostra, a de 2019, e xa había gana de volver. Logo de moito agardar, este venres inaugurouse a edición coa que se conmemoran 30 anos de historia arredor do encaixe e da que é imaxe o modelo internacional Damián Álvarez.
Nos desfiles de grandes firmas e de deseñadores noveis presentarán as súas creacións. E este ano tamén se exhibirán pezas de ArtEncaixe.
Non faltarán os tradicionais encontros de palilleiras e os expositores. Unha opción de lecer que conxuga cultura e moda para esta ponte do Pilar.