CRTVG

Buscar

A Mostra de Olería de Buño reivindica o papel da muller no oficio oleiro

Publicado o 13/08/2021 21:27

Despois de ter que ser suspendida o ano pasado debido á pandemia, Buño recuperou a súa Mostra de Olería. As mulleres foron as pioneiras. As que abriron o camiño das que agora seguen a tradición oleira e se dedican á arte de darlle forma ao barro.

O seu foi un labor silenciado durante décadas que agora se fai visible nesta exposición que relata a vida de 6 mulleres, pero que ben poderían ser ducias. A Mostra de Olería pon en valor o papel da muller e mantén as actividades xa habituais: visitas ao ecomuseo, encontros con artesáns e demostracións do oficio.

A cantautora Guadi Galego porá o domingo o peche musical a unha mostra que aspira a ser declarada festa de interese internacional.

Noticias web

13/08/2021