A Mostra de Olería de Buño permite ver a cocedura desas pezas nun forno tradicional
Publicado o 03/08/2019 21:03
Hoxe e mañá aínda podedes pasar por Buño, onde se celebra a edición número 36 da Mostra de Olería. Estamos na xornada máis importante coa carga do forno e a cocedura tradicional. Asistimos ao primeiro destes procesos. Con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre de fondo comeza unha andaina que vai explicar a este grupo o proceso da creación dunha peza de Buño.
Paco Doval explícounos un proceso no que Manuela, aos seus 85 anos, é a auténtica fonte de sabedoría. Unha vez rematado o forno farase o prendido e comezará a cocedura. Con tanta temperatura, virá ben un grolo de auga fría nun porrón de Buño.