CRTVG

Buscar

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño reúne máis de 30 expositores en Goián

Publicado o 16/03/2019 13:52

Cita importante esta fin de semana para o sector do agro, da xardinería e da planta ornamental. Tomiño acolle un ano máis, e xa van 16, a Mostra de Cultivos do Baixo Miño, unha feira dedicada aos profesionais deste sector, pero tamén ao público en xeral.

Máis de 30 expositores de viveiros e empresas auxiliares do agro están presentes na Mostra de Cultivos do Baixo Miño que se celebra no pavillón de Goián. Entre as actividades, un obradoiro sobre oportunidades de formación e emprego no agro galego, ou outro de plantación, tanto para profesionais coma para calquera afeccionado á xardinería.

Noticias web

16/03/2019