CRTVG

Buscar

A mostra 'Afonso X e Galicia' exhibe a pegada do monarca na cultura galega no 800 aniversario do seu nacemento

Publicado o 12/01/2021 21:04

A igrexa da Universidade de Santiago acolle a exposición 'Afonso X e Galicia' que ilustra a figura do rei autor das Cantigas de Santa María e da Galicia do século XIII.

Inauguración de circustancias pola covid-19 a desta exposición polos 800 anos do nacemento do rei Afonso X o Sabio. Pero exposición acaída tamén para este tempo de distancia social porque anima á presenza física en lugares, mosteiros, catedrais ou castelos contempóraneos do rei sabio por toda Galicia, dende Mondoñedo a Tui, de Vimianzo a Monterrei.

"É unha exposición patrimonial, patrimonial de poñer de relevo o patrimonio mediaval galego comtemporáneo a Afonso X e patrimonial intelectual", apunta Antoni Rosell, comisario da exposición.

Para a presidenta do Consello da Cultura que esta é unha exposición "para ser vivida", para ter a experiencia de integrarse nela e naquel medievo gobernado por un monarca culto pero coas súas contradicións así e todo.

"É unha exposición que mostra os seus logros e fracasos, soños e decepcións, contradicións, claros e escuros; tamén en relación coas aspiracións que tiña a propia Galicia, que tiña a Igrexa, que tiña o culto a Santiago, que tiña a língua galega", asegura Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega.

'Afonso X e Galicia' é unha mostra apta para todos os públicos Está na igrexa da Universidade de Santiago ata o 24 de abril. Despois lévana á cidade de Ourense.

 

 

 

 

Noticias web

12/01/2021