CRTVG

Buscar

A mosca negra prolifera nos ríos da contorna de Madrid e do Ebro

Publicado o 01/06/2017 19:56

Trátase dun insecto moi agresivo, que morde a pel en busca de sangue e deixa unha dor intensa e unha reacción alérxica que pode precisar atención médica

Esta é a pegada que está a deixar o aumento da mosca negra na ribeira dos ríos madrileños e no Ebro, en Zaragoza. A depuración mellorou a calidade da auga, pero deixou os nutrientes necesarios para que proliferen as plantas acuáticas onde viven estes insectos. 

A súa mordedura non transmite ningunha enfermidade, pero produce moita dor. 

Para evitar as súas chanchadas o mellor é levar roupas claras, cubrir a maior parte do corpo e botar man de repelentes

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2017