CRTVG

Buscar

Bos días

A morte dunha adolescente que apareceu medio enterrada nunha reserva natural arxentina volve poñer no foco no problema da violencia machista

Publicado o 08/08/2017 09:47

A morte dunha adolescente que apareceu medio enterrada nunha reserva natural arxentina volve poñer no foco no problema da violencia machista nun país en que só no mes de xullo foron asasinadas 32 mulleres.

Anahí Benítez desapareceu o pasado 29 de xullo na localidade bonaerense de Lomas de Zamora e logo dunha intensa campaña de busca, cumplíronse os peores pronósticos. O seu corpo foi atopado espido e semienterrado a só 2 kilómetros da súa casa, na reserva natural de Santa Catalina, ás aforas de Bos Aires. Tiña só 16 anos.

As sospeitas centráronse rápidamente no seu círculo íntimo e ata o momento hai dous detidos: o profesor de matemáticas da vítima sobre quen a rapaza tiña notas no seu diario persoal e tamén un home que vive a 300 metros de onde se atopou o cadáver. No domicilio deste último había pelo, manchas de sangue e roupa de muller que están a ser analizados para ver se pertencen á adolescente.

O caso de Anahí Benítez sacudiu novamente A Arxentina e o berro de 'Nin unha menos' volveu soar con forza nun país desolado polos numerosos casos de violencia machista.
Só no mes de xullo morreron segundo as organizacións sociais 32 mulleres asasinadas, unha cada 23 horas, e eses son só os casos que recollen os medios de comunicación. A realidade é moito máis alarmante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/08/2017