CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A morte de Nisman, o fiscal da Arxentina, sen esclarecer dous anos despois

Publicado o 18/01/2017 21:35

A Arxentina recorda dous anos despois a Alberto Nisman, o fiscal atopado morto cun tiro na cabeza só uns días despois de denunciar a que era daquela presidenta, Cristina Fernández, por suposto encubrimento de terroristas. Un suceso que a día de hoxe segue sen esclarecerse.

Dous anos despois daquel fatídico 18 de xaneiro a morte do fiscal Alberto Nisman segue a ser un misterio.
Non está clara nin a hora do seu falecemento nunha investigación que os expertos aseguran que se fixo mal dende o comezo.

Nisman foi atopado morto cun tiro na cabeza só 4 días despois de ter denunciado á, por aquel entón presidenta, Cristina Fernández, por un presunto encubrimento dos terroristas iranianos que artellaron o ataque contra a mutualista xudía AMIA e que deixou 85 víctimas en 1994.

"O feito de que se reabra agora a súa denuncia é importante porque significa que a denuncia que fixera pode ser investigada e que a súa morte, en definitiva, non vai ser en van", di Manuel Romero Victoria, avogado das fillas de Nisman.

Neste tempo a causa foi dando paus de cego polos xulgados, centrados nunha hipótese do suicidio que non remata de pechar. Agora, a investigación camiña xa por unha nova senda e incluso se están a pedir responsabilidades a quenes se encargaron nun primeiro momento da investigación. Organizacións israelitas arxentinas e incluso o propio presidente, Mauricio Macri, pediron rapidez no proceso para esclarecer canto antes o ocorrido.

"Que nun tempo razoable poidamos saber cal é a verdade e que esto non se dilate eternamente no tempo", asegura Mauricio Macri, presidente da Arxentina.

A investigación camiña xa por unha nova senda, cun novo xuiz á fronte e con evidencias de manipulación no teléfono e ordenador de Nisman, a teoría do asasinato repunta.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/01/2017