CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A montaxe das casetas do polbo anuncia a chegada do San Froilán

Publicado o 21/09/2018 15:28




A montaxe das casetas anuncia que a chegada do San Froilán está xa ás portas. Quedan menos de dúas semanas para as patronais de Lugo, en que o polbo é, sen dúbida, o gran protagonista. A novidade este ano vai ser a suba do prezo das racións.



Os operarios traballan arreo para que todo estea a punto. A montaxe das casetas do polbo é a proba de que xa non queda nada en Lugo para o San Froilán. Un ano máis haberá catro recintos en que desfrutar do prato estrela, que este ano sobe a ración de 9 a 12 euros por mor do seu elevado prezo no mercado.

As casetas abrirán ao público o 3 de outubro, un día antes do inicio oficial das festas. Os amantes do polbo poderán seguir acudindo ao feiral ata o 4 de novembro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí