CRTVG

Buscar

Pasarela de Adolfo Domínguez polas rúas de Ourense con modelos non profesionais

Publicado o 15/09/2019 09:39

As rúas da zona vella de Ourense convertéronse nunha parasela de moda. Acolleron a presentación da nova colección outono-inverno do deseñador ourensán Adolfo Domínguez. O primeiro desfile que realiza en oito anos e que tivo como protagonistas 60 modelos non profesionais, de diferentes idades e talles.

Tamén houbo actuación de pandeireteiras. Un evento co que queren reforzar, dende a firma, o vínculo coas orixes. Os deseños de Adolfo Domínguez véndese actualmente en 22 países. No último exercicio a empresa, que dá emprego a máis dun milleiro de persoas, facturou máis de 111 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019