A MIT fará de Ribadavia a nosa capital do teatro
Ribadavia reafírmase como ponte de diálogo para as artes escénicas internacionais, coa presenza de máis de vinte espectáculos a cargo de profesionais de América, África e todos os recunchos peninsulares. A Mostra deste ano quere prestar unha atención especial ao teatro documento, e aí salienta unha montaxe dos mexicanos Línea de Sombra sobre o muro do presidente Trump que nos concerne a todos. Dixo Roberto Pascual, o seu director: "Aínda que parte dunha cuestión moi concreta e dun contexto moi concreto non é unha cuestión que afecte soamente a ese espazo, tamén podería aplicarse ao que sucede coa política internacional en Europa, co frontex europeo".
Canda escenarios ao uso, as igrexas e as prazas convertense, entre o 18 e o 27 deste mes, en lugares onde o teatro sae ao encontro dun público máis amplo. En paralelo, Ribadavía ofrécelle aos profesionais galegos unha vía de saída a novos públicos. Dixo Pascual: "De xeito solidario, axudamos ás compañías proxectarse fóra nun foro que é Ribadavia de encontro das compañías galegas coas internacionais".
A pesar de ter como base unha vila na periferia xeográfica, a Mostra de Ribadavia gañou xa, con trinta e cinco edicións, un lugar destacado no calendario peninsular e europeo de festivais de teatro.